
Presentación 'Sándalo', de María Xosé Porteiro
16xul20:00Presentación 'Sándalo', de María Xosé PorteiroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00
Detalles do eventos
O día 16 de xullo, ás 20:00 h, celebrarase, na sede da Deputación Pontevedra en Vigo, a presentación de “Sándalo”, de MARIA XOSE PORTEIRO. Acompañando á escritora, asistirán a Presidenta da
Detalles do eventos
O día 16 de xullo, ás 20:00 h, celebrarase, na sede da Deputación Pontevedra en Vigo, a presentación de “Sándalo”, de MARIA XOSE PORTEIRO. Acompañando á escritora, asistirán a Presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, e Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia.
A nave de Sándalo percorre doucentos anos de historia entre Europa e América. Fitos heroicos, Ulises galaicos, orixas afrocubanas, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas, saltan de tempo e lugar nunha viaxe emocionante con corpo de relato estimulante dos sentidos e dos sentimentos, para facernos cómplices da relación antiga e inmorrente de dous universos unidos pola Corrente do Golfo: Galicia e Cuba.
Máis

Hora
(Xoves) 20:00
Localización
Diputación de Pontevedra (Sede Vigo)
Rúa de Oporto, 3, 36201 Vigo, Pontevedra