Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico presenta en Vigo o libro que desvela as claves de Ruth Mathilda Anderson na cultura galegaA encargada da presentación será a propia autora Alba
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico presenta en Vigo o libro que desvela as claves de Ruth Mathilda Anderson na cultura galega
A encargada da presentación será a propia autora Alba Rodríguez Saavedra, gañadora do Premio de Investigación Comerma, que estará acompañada pola xornalista Claudia Morán. Ámbalas dúas participarán neste acto, aberto ao público, o vindeiro xoves 23 de abril no Espazo Ateneo a partir das 19.30 horas.
Nesta obra, recoñecida con premio de Investigación Comerma, a autora presenta unha análise profunda sobre a monografía referencial da investigadora e fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson, na que recollía imaxes e
textos da Galicia, terra que visitou entre anos 1924 e 1926 captando coa súa cámara unha testemuña clara das súas xentes e costumes.
Partindo da monografía “Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña”, Alba Rodríguez desvela no seu libro os mecanismos que, historicamente, existiron para manter esta peza fóra do sistema cultural galego. “Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes” pon o foco na Anderson fotógrafa, ensaísta e tradutora. Lembra que foi a que deu voz ás mulleres rurais, ao campesiñado e á infancia, ofrecendo una ollada que complementa desafiando a historiografía canónica de principios do século XX.
A obra conecta o traballo da estadounidense co compromiso feminista defiguras como Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, reflectindo a dureza da vida das mulleres desa época a través da documentación histórica e etnográfica.
A presentación terá lugar no Espazo Ateneo (Rúa Hernán Cortés, 28) ás 19:30 horas, e contará coa participación da autora e a presentación de Claudia Morán.
Hora
23 abril, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
Ateneo Atlántico
Rúa Hernán Cortés, 28 b dereita, Vigo


