BannerEscolasInfantis
bannerSGPL

decembro, 2019

26dec20:00Presentación revista A Movida + Poxa solidariaESPECTÁCULOS | De balde20:00 Urban Market

Máis

Detalles do evento

O pasado mes de novembro, retratamos a 13 artistas vigueses para crear a exposición ‘As outras luces de Vigo’ e reivindicar así a labor dos creadores da nosa cidade.

Este xoves, 26 de decembro, faremos unha poxa das fotografías que formaron parte da exposición instalada na rúa do Príncipe. Na mostra participaron Antonio Durán ‘Morris’, Marta Larralde, Ledicia Costas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Silvia Superstar, Patricia Moon, María Xosé Queizán, Eladio Santos, Julián Hernández, Silvia Penas, Lupita Hard e Kaixo. Nas fotografías aparecen posando con luces led. Tes máis info sobre a exposición e as fotografías nesta ligazón.

A poxa estará conducida por Antonio Durán “Morris” e haberá actuacións de 8mm Teatro e Blues do País.

O recadado da venda das fotografía irá destinado a Grupo Emaus Fundación Social, que leva traballando desde o 2003 a prol das persoas en risco de exclusión social na nosa cidade.

Estades todos convidados, este xoves a partir das 20h no Urban Market Mahou!

Hora

(Xoves) 20:00

Lugar

Urban Market

Rúa da Ronda de Don Bosco, 41, 36202 Vigo, Pontevedra

X