Presentación 'Retratos'

20dec19:00Presentación 'Retratos'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Ateneo Atlántico

Detalles do eventos

Ateneo Atlántico organiza a presentación do libro ‘Retratos’, de Xosé Manuel Beiras. O acto contará coa presenza do autor e de Martiño Noriega. Presenta Laura Caveiro.

En palabras do propio Beiras, Retratos en fite é unha “persoal evocación de persoas coas que eu tivera trato de amizade ou camaradaxe”.
O libro conta con imaxes de Pepe Carreiro.
O título, “Retratos en fite é unha chiscadela en contrapunto, e conmovida lembranza, aos deliciosos Retratos de esguello do ademirado, benquerido e endexamáis esquencido Luis Seoane”.

Xosé Manuel Beiras (Santiago, 1936) é unha figura clave na Galiza contemporánea, tanto pola súa faceta de economista como catedrático de Estrutura Económica na USC, como pola de político e referente social. É autor de ensaios fundamentais do pensamento económico galego, como Por unha Galiza liberada e O atraso económico da Galiza. Excelente articulista e orador, é recoñecido como un dos intelectuais con maior lucidez á hora de interpretar o noso mundo. Destacou como activista e membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial. No eido político foi cofundador do PSG e do BNG. Posteriormente liderou o Encontro Irmandiño e estivo á fronte do agromar de Anova–Irmandade Nacionalista en xullo de 2012. Nese mesmo ano Anova promoveu a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), da que Beiras foi portavoz parlamentario. (Semblanza de Beira que aparece no propio libro que hoxe presentamos).

Martiño Noriega Sánchez (A Coruña, 1975) é médico e político. Licenciado en medicina pola Universidade de Compostela, é especialista en medicina de familia e posúe o DEA en Saúde Pública. No eido político comezou a súa carreira no BNG, partido co que acadou a alcaldía de Teo en 2007. Posteriormente entrou a formar parte do proxecto Anova e, tras o 15M, en 2015, foi elixido alcalde de Compostela coa coalición Compostela Aberta.
En 2017 presentou xunto co periodista Daniel Salgado a obra conxunta “A contradicción permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa. 2012 – 2017”.

Martes 20 ás 19:00

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Ateneo Atlántico

Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra

Other Events