REVISTA NADAL

PRESENTACIÓN 'RETAZOS DE LA VIDA'

19dec20:00PRESENTACIÓN 'RETAZOS DE LA VIDA'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O xoves 19 de decembro (20:00 horas) Évame Oroza acollerá a presentación do libro Retazos de la vida, da escritora Adela Martínez Martí. A obra é un libro de relatos breves onde se mestura o ficticio e o autobiográfico.

Retazos de la vida é un libro para ler amodo, como pequenos capítulos da vida, a propia e a allea. Nel se mesturan escenas nas que conviven o inventado e o vivido, nunha sucesión cronolóxica. As dúas partes nas que se divide o libro corresponden a dúas etapas da vida moi diferentes, marcadas por un acontecemento dramático: unha longa depresión, que dá comezo na segunda parte do libro, e que mostra un cambio no tratamento dos temas e na voz narrativa. Trátase de relatos realistas, entre o intimismo e o cotián, entre a desorde e a reflexión.

A autora. Adela, nacida en 1961 en Pontevedra, destaca maiormente como poeta, mais ten publicado tamén narrativa. Durante a década dos 90 colaborou en prensa con entrevistas, artigos de opinión e reseñas. Durante a presentación estará acompañada por Eva Rodríguez Anes.

Máis

Hora

19 decembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events