Detalles do eventos
O venres 21 de novembro (20:00 horas, sala Rosalía de Castro da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo) celebrarase o acto de entrega dos premios do XII
Detalles do eventos
O venres 21 de novembro (20:00 horas, sala Rosalía de Castro da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo) celebrarase o acto de entrega dos premios do XII Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira, coa colaboración da Fundación IgualArte e co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra. Ademais, neste evento, presentarase o décimo segundo volume do libro Relatos na rúa, no que aparecen, ademais dos relatos premiados, unha ampla selección das obras presentadas a esta edición do Certame e que foi realizada polo xurado. O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, mentres que o segundo premio foi para O derradeiro concerto, de Eduardo J. Ares, nun certame no que participaron uns 160 escritores/as de Vigo, Galicia, o resto do Estado español e tamén do estranxeiro.
Hora
21 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
decembro



