
Detalles do eventos
Ateneo Atlántico acolle a presentación do libro ‘Quen non ten un avó fascista?’, de Inma López Silva. Publicada na colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia, ‘Quen
Presentación 'Quen non ten un avó fascista?'
Ateneo Atlántico acolle a presentación do libro ‘Quen non ten un avó fascista?’, de Inma López Silva.
Publicada na colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia, ‘Quen non ten un avó fascista?’, é un exercicio de liberdade e democracia. Na novela, inspirada en feitos reais, o personal faise político, poñendo en valor a memoria colectiva.
“Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia”. Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural.
A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en ‘Quen non ten un avó fascista?’ conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría.
A presentación contará coa presenza da autora e de Xesús Alonso Montero.
Xoves 15 ás 19:30
Máis

(Xoves) 19:30
Ateneo Atlántico
Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra