CAMELIAS NADAL

27nov19:30Presentación: 'Os rótulos da nosa vida'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Ana Cocho, Jorge Lens e Robert Willemse fixeron un traballo conxunto no que reconstrúen, a través das imaxes, unha memoria compartida que habita nas rúas e que merece ser coidada. Durante décadas, os rótulos comerciais foron moito máis que sinais: nomearon espazos, anunciaron oficios e deron carácter ás cidades. Este volume reúne máis de 600 fotografías tomadas por toda Galicia, nas que se recollen letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal ou azulexos. Un arquivo visual que preserva o patrimonio gráfico e emocional de Galicia.

Os autores, Ana Cocho, arquitecta e enxeñeira en IA; Jorge Lens, fotógrafo e profesor da Universidade de Vigo; e Robert Willemse, informático, deseñador gráfico e fotógrafo vinculado ao estudo do patrimonio popular viven desperdigados polo mundo e desde orixes e oficios distintos. Pero neste traballo apuntan a revivir o patrimonio a través destas imaxes icónicas fotografiadas por toda Galicia.

Este xoves presentan o libro en Vigo, na Galería Maraca, acompañados da Editorial Galaxia falarán sobre o proceso de recopilar todas as imaxes e o significado destas sinais no patrimonio galego.

Hora

27 novembro, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events