
Presentación 'O tempo, a mirada e a palabra'
Detalles do eventos
A Editorial Medulia e a librería Librouro comprácense en comunicarlle que este próximo venres 26 de outubro, ás 20:00 horas procederase nas instalacións de Librouro
Detalles do eventos
A Editorial Medulia e a librería Librouro comprácense en comunicarlle que este próximo venres 26 de outubro, ás 20:00 horas procederase nas instalacións de Librouro (C./Eduardo Iglesias, 12) a a presentación pública do libro ‘O tempo, a mirada e a palabra’, obra de José Luis Outes Ruso, catedrático de Economía da Universidade de Vigo durante varios anos. Nesta obra narrativa fainos pasar da diversión, á reflexión, da tristeza ao entusiasmo, con experiencias humanas, que tratan cuestións históricas e culturais de proxección universalista e mesmo exótica cuxo fío condutor é sempre unha
profunda meditación sobre o ser humano, coas súas grandezas e as súas miserias.
A presentación correrá a cargo do autor José Luis Outes Ruso e contará previamente coa introdución de Carmen Becerra, Profesora de Teoría Literaria da Universidade de Vigo e Cándido Pazó, dramaturgo e director de teatro, e despois producirase o consecuente coloquio e firma por parte do autor. Anteriormente realizarase unha pequena actuación musical.
Máis
Hora
27 outubro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual