Detalles do eventos
O proceso. Apaga o candil é o libro de Cándido Pazó onde se recopìlan dúas obras de teatro. O proceso recrea a causa xudicial á que foi sometido
Detalles do eventos
O proceso. Apaga o candil é o libro de Cándido Pazó onde se recopìlan dúas obras de teatro. O proceso recrea a causa xudicial á que foi sometido Curros Enríquez pola publicación de Aires da miña terra. Apaga o candil retrata a atribulada vida e divertida obra de Carlos O Xestal.
En cadanseu ámbito, e ao seu xeito, os dous beben das augas da tradición oral galega: Curros tecendo moito do seu universo poético a partir de historias, lendas e ditos; e Xestal dando pulo e continuidade a unha oralidade herdada, recollida por el nos máis enxebres foros: fiadas, romarías, mallas e noites na lareira.
A Pazó acompáñano Xesús Alonso Montero, catedrático e responsable do prólogo; Avelino González, protagonista de “Apaga o candil”; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
Hora
12 novembro, 2025 19:30(GMT+01:00)
Localización
Libraría Mendinho
Av. de Castelao, 7, Coia, 36209 Vigo, Pontevedra



