24out19:30Presentación 'O país invisible'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Arturo Lezcano presenta no Vitruvia Café o seu último libro, acompañado de Librouro e Ledicia Costas.

Guiado pola desmesura de vinte anos de viaxes e mudanzas, entrevistas e lecturas, armado das ferramentas do reporteirismo minucioso e agasallado co talento literario, Arturo Lezcano asina unha obra monumental que se le como unha fábula, un libro de viaxes, unha elexía e unha crónica en primeira persoa. Ou coma un As mil e unha noites das Américas contada a través dunha galería de personaxes galegos engaiolantes: Alfonso Graña, o rei dos xíbaros; Pepe la Muerte, lugartenente de Lucky Luciano; o Manolito de carne e óso de Mafalda; Antonio Soto, o heroe anarquista da Patagonia, e outras duascentas historias de mulleres e homes anónimos —os obreiros que construíron a Canle de Panamá, os inventores da noite de Copacabana e tantos máis— que crearon unha nova vida (e un país invisible) da outra beira do océano.

Hora

24 outubro, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events