O Merdeiro, a figura tradicional do Entroido vigués, xa ten libro
Detalles do eventos
Nesta obra a Asociación Etnográfica A Merdeira recolle os froitos de varios anos de investigación e traballo. Analizan a orixe do Entroido e comentan como
Detalles do eventos
Nesta obra a Asociación Etnográfica A Merdeira recolle os froitos de varios anos de investigación e traballo. Analizan a orixe do Entroido e comentan como era este na cidade de Vigo, cando o Merdeiro andaba polas súas rúas. Ó mesmo tempo reflexionan en como esa figura foi evolucionando até o momento da súa desapareción. Rematan o estudo informando como o Merdeiro se recuperou grazas ó esforzo do tecido asociativo da cidade.
A presentación terá lugar o vindeiro venres día 19 de xaneiro nas instalacións do Camões Centro Cultural Portugués sitio na Praza de Almeida.
Ás 19.30 contarán coa actuación da Banda de Gaitas do Casco Vello para posteriormente comezar ás 20.00 co coloquio moderado polas propias autoras do libro: Adriana Del Río Miranda e Hadrián Román Carreiro, historiadora do arte e historiador respectivamente.
Máis
Hora
19 xaneiro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
Instituto Camões
Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes