Presentación 'O home que valía por mil'

23mar20:00Presentación 'O home que valía por mil'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Libraría Cartabón

Detalles do eventos

Antón Mascato e Pepe Carreiro tráennos “O home que valía por mil”, editado por Galaxia.

Un home pode valer por mil? Vexamos: Paco del Riego foi membro das Irmandades da fala, do Seminario de Estudos Galegos, da organización xuvenil Ultreia, dirixente estudantil, fundador do Partido Galeguista, profesor na Facultade de Dereito, colaborador de prensa, secretario de Actas da Comisión para o Estatuto de Autonomía, conferenciante, crítico de arte, fundador de Editorial Galaxia, preso político, secretario do Partido Socialista Galego, director de Artes Gráficas Galicia, editor, director da revista Grial, académico e presidente da Real Academia Galega, director da Fundación Penzol, escritor, divulgador, coleccionista de arte, bibliófilo…

E aínda tivo tempo para gozar da vida.

Pois si, semella que Francisco Fernández del Riego foi un home que valía por mil!

Marcos Calvairo, director de Edicións de Galaxia, acompañará aos autores do libro o 23 de marzo, ás 20:00 horas na Librería Cartabón.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Libraría Cartabón

Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events