Presentación: 'O home que matou a Antía Morgade'
Detalles do eventos
O venres 10 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría de El Corte Inglés de Vigo, a presentación de ‘O home que matou a Antía Morgade‘, de Arantza
Detalles do eventos
O venres 10 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría de El Corte Inglés de Vigo, a presentación de ‘O home que matou a Antía Morgade‘, de Arantza Portabales.
Acompañando a autora, estarán a escritora e crítica literaria, Inma López Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Sinopse:
Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles.
O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e to-do apunta a que é, no pasado común deses comensais, onde se atopa a chave da súa resolución. Un tempo adolescente en que eses seis amigos compartían un piso de menores tutelado e onde aconteceu unha traxedia que marcou a todos para sempre: a morte da súa compañeira Antía Morgade.
Nunha carreira contra o reloxo, Abad e Barroso deberán dar o mellor deles para evitar un novo asasinato entre un mar de mentiras, segredos e desconfianzas.
Máis
Hora
10 marzo, 2023 19:30(GMT+02:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes