CAMELIAS NADAL

18nov19:30Presentación: 'O cineísta andarengo'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Manolo González presenta o seu libro O cineísta andarengo. A propósito de Bernardino Lamas. Neste libro fala sobre o xornalista que foi un dos pioneiros cineístas amateur de Galicia.

Nos libros de historia do cinema galego apenas representaba algo máis dunha nota a pé de páxina. Falábase esquematicamente dun cineísta descoñecido de Ferrol. Explorando González entende que, ademais de cineísta, Alfonso Piñón/Bernardino de Lamas foi un xornalista andarengo comprometido coa natureza, un descubridor de sendeiros ocultos, un filósofo das corredoiras e congostras esquecidas, un singular homo viator. Case un precursor do ecoloxismo contemporáneo adiantado ao seu tempo.

Hora

18 novembro, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events