>
Detalles do eventos
xoves 23 de marzo ás 20:00 horas procederase nas instalacións de Librouro (C./Eduardo Iglesias, 12) á presentación pública do libro “Novela y cuento”, de Juan
Detalles do eventos
xoves 23 de marzo ás 20:00 horas procederase nas instalacións de Librouro (C./Eduardo Iglesias, 12) á presentación pública do libro “Novela y cuento”, de Juan Antonio Zunzunegui en edición de Dolores Troncoso. Nesta cuidadísima edición de parte da obra completa do escrito vasco Juan Antonio de Zunzunegui a Fundación José Antonio de Castro, na súa afamada Biblioteca Castro reúne a novela “El mundo sigue” e “La poetisa” (IV serie de Cuentos y patrañas de mi ría) A presentación correrá a cargo da editora deste volume recompilatorio, a catedrática Dolores Troncoso, que nos achegará á figura dun dos mellores escritores españois de postguerra un tanto descoñecido para o gran público de hoxe en día.
Hora
23 marzo, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra


