Detalles do eventos
O espazo vigués acolle este xoves 3 de setembro a presentación do número 18 de Nova Ardentía, Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial, baixo o título Coa
Detalles do eventos
O espazo vigués acolle este xoves 3 de setembro a presentación do número 18 de Nova Ardentía, Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial, baixo o título Coa Rosa dos Ventos no Corazón.
A cultura ligada ao mar e aos ríos será protagonista este xoves 3 de setembro en Río Lagares coa presentación dunha nova entrega de Nova Ardentía, publicación dedicada á divulgación e conservación da cultura marítima e fluvial galega.
O encontro servirá para dar a coñecer o número 18 da revista, Coa Rosa dos Ventos no Corazón, nun acto no que participarán Emílio X. Insua, Lorenzo Suárez, Pablo Carrera, Víctor Fernández e Xavier Queipo.
Hora
3 setembro, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
RioLagares
Rúa Falperra, 16, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




