>
Detalles do eventos
Presentación do libro de José G. Barral Sánchez No fío do alén, análise da implosión do fenómeno xacobeo, ao ocaso da fe dos crentes por mor dunha revisión
Detalles do eventos
Presentación do libro de José G. Barral Sánchez No fío do alén, análise da implosión do fenómeno xacobeo, ao ocaso da fe dos crentes por mor dunha revisión teolóxica e ao cataclismo cultural actual. Quen? O autor José G. Barral Sánchez. Cando? Xoves 28 de maio ás 19.30 h. Onde? Na biblioteca da EMAO, en García Barbón 5.
O libro
Tanto afectou o Brexit ao tránsito das almas? Cal foi a contribución galega á tecnoloxía no século XX? É posible conservar a fermosura retando ao tempo? Hai constancia de superheroes civís no universo relixioso á marxe dos santos? Que foi da conflagración galega contra a Armada americana?
N’ O fío do alén analízanse aspectos oblicuos da realidade situando o lector do outro lado da alfándega, unha áspera fronteira na que se acudirá á implosión do fenómeno xacobeo, ao ocaso da fe dos crentes por mor dunha revisión teolóxica e ao cataclismo cultural ao se xeneralizar as tendencias da clausura e a cancelación.
(Da ficha na editorial Medulia)
O autor
José G. Barral Sánchez (Vigo,1959) cursou Filosofía e Ciencias da Educación na universidade compostelá, incorporouse á docencia e publicou artigos e estudos relacionados co mundo do ensino. Xa na madurez publica en 2008 o seu primeiro libro Por catro perras, guía de tascas e tabernas de Vigo. Tres anos despois saca á luz a novela, Último peaje, unha obra que cabalga entre o Santiago estudantil dos anos setenta e a cidade de Vigo no comezo do presente século. En 2021 recibe o Premio de novela Camiño de Santiago polo libro Cruzados polo camiño, unha obra que transcorre pola ruta xacobea ao fío da visita do papa Ratzinger a Compostela.
(Da ficha na editorial Medulia)
Hora
28 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
xuño



