Detalles do eventos
A sede da Asociación de Veciños do Calvario acolle o vindeiro luns, 2 de febreiro, ás 19:30 horas, a presentación da novela Nada es para siempre, do escritor
Detalles do eventos
A sede da Asociación de Veciños do Calvario acolle o vindeiro luns, 2 de febreiro, ás 19:30 horas, a presentación da novela Nada es para siempre, do escritor Manuel Sánchez Dalama, publicada por Belagua Ediciones. Acompañarán ao autor o presidente da asociación veciñal, Raúl Fontán, e a editora, Edurne Baines.
Ambientada en Vigo, a trama de Nada es para siempre combina elementos da novela policial cunha historia de amor, ofrecendo unha lectura amena e unha sutil reflexión sobre a soidade interior do ser humano, o milagre do amor compartido e os misterios do azar aparente que rexe as nosas vidas.
Manuel Sánchez Dalama, nado en Cuba, vive en Vigo. Con anterioridade publicou as novelas Peces rojos en la lluvia, Hasta el fin del mundo e La mancha negra (gañadora do Premio Ciudad de Badajoz 2010). A súa narrativa, sinxela e diáfana, non exenta de poesía e humor, constitúe un suxestivo retrato do mundo no que lle tocou vivir e tamén unha ollada, a miúdo irónica, ao interior da natureza humana.
Hora
2 febreiro, 2026 19:30(GMT+01:00)
Localización
Asociación de Veciños do Calvario
Av. de Emilio Martínez Garrido, 12, Lavadores, 36205 Vigo, Pontevedra



