
Detalles do eventos
O vindeiro mércores 19 de xuño Mazarelos vai presentar o novo número de Mazarelos: revista de historia e cultura. Será na Libraría Cartabón (r/ Urzáiz,
Detalles do eventos
O vindeiro mércores 19 de xuño Mazarelos vai presentar o novo número de Mazarelos: revista de historia e cultura. Será na Libraría Cartabón (r/ Urzáiz, 125) ás 20h. Trátase do número 13, que vén cargado de artigos sobre historia, dereito, xeografía e diversidade sexual e de xénero.
Nesta ocasión dous dos textos teñen que ver coa cidade olívica. Un deles é o de Pablo Molejón-Fontán, que nos fala da experiencia das mulleres conserveiras do Vigo do século pasado a través do caso dunha delas, Rosa Monteagudo. Por outra banda, Sara De Torres, viguesa e avogada especializada en Dereitos Humanos, dános a coñecer a Convención sobre a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación contra a Muller (CEDAW), un organismo da ONU descoñecido para a maioría.
O resto das autoras e autores do número son Amelia Fidalgo cunha entrevista a Mihaela Ciobanu sobre a “xeración coa chave ao pescozo” durante a Romanía de Ceaușescu; Aldara Castro, arredor dos parques composteláns e o modelo urbanístico detrás da súa ordenación; Alba Casas, integrante da Rede Galega de Estudos Queer, falando das súas orixes e do seu papel na conformación dun espazo académico coa diversidade por bandeira; e unha entrevista a Pilar Cagiao e Domingo González Lopo, profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC, sobre o fenómeno migratorio desde a Idade Moderna.
No acto de presentación intervirán precisamente Pablo Molejón-Fontán, historiador e autor do artigo ‘Historias de boleros e pobreza. Experiencias dunha moza conservadora (1946-64); Alba Casas González, integrante da Rede Galega de Estudos Queer (RGEQ) e autora do artigo ‘RGEQ. Un espazo de pesquisa sobre xénero e sexualidade na Galiza’; e Brais Ferreiro Ares, historiador e editor de Mazarelos.
Ao remate do acto haberá exemplares dispoñibles á venda para as persoas asistentes.
Máis
Hora
19 xuño, 2024 20:00(GMT+02:00)
Localización
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual