REVISTA FEBREIRO

Presentación 'Manual galego de zanfona', de Suso Vaamonde

06out19:00Presentación 'Manual galego de zanfona', de Suso VaamondeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

ste venres, a especialidade de CAIM-Zanfona achéganos a presentación do libro “Manual galego de zanfona. Repertorio didáctico progresivo. 1ª parte” polo seu autor, Suso Vaamonde.

Xa hai moito tempo que non existe escusa para aprender a tocar a zanfona. Moitas son as aulas que se poden atopar hoxe en día por toda a xeografía do país. Porén, a elaboración dun método seguía a ser unha conta pendente dende que en 1956 Faustino Santalices publicara o seu esbozo. Suso Vaamonde decidiu dar un paso cara a diante.

Presentado por Xaime Rivas, mestre de Construción artesanal de instrumentos musicais -CAIM- Zanfona da EMAO.

Data: 6 de outubro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo

Máis