Detalles do eventos
Évame Oroza acollerá o xoves 19 de febreiro a presentación de Madriña, a nova novela de Antonio Tizón, quinta e última entrega da serie protagonizada polo comisario Sánchez
Detalles do eventos
Évame Oroza acollerá o xoves 19 de febreiro a presentación de Madriña, a nova novela de Antonio Tizón, quinta e última entrega da serie protagonizada polo comisario Sánchez Pereiro. No acto participarán, ademais do autor, Manuel Bragado, Henrique Sanfiz e Xabier Romero, e durante o encontro literario proxectarase tamén o booktrailer da obra
Ambientada nun abril de 2010 marcado por dúas mortes, a de Ramiro Gallego Tenreiro e a dun delincuente coñecido como O Globero, Madriña narra unha investigación en paralelo entre o veterano comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, recentemente incorporada ao Corpo de Policía, pechando así unha serie consolidada dentro do xénero negro galego. Ademais da trama criminal, a novela destaca pola voz de María Dominga, a madriña, que reconstrúe a memoria dunha familia a través de contos e cantos, e pola presenza da maxia verbal de Carlos Oroza e os quince personaxes da árbore xenealóxica, facendo de Madriña un artefacto narrativo singular no que a poesía e os formatos multimedia adquiren un papel especial
Antonio Tizón cultiva a poesía, o relato e a novela, e é autor da serie negra protagonizada polo inspector Pereiro e de Coplas analfabetas, un proxecto literario que afonda na tradición oral galega, publicado por Editorial Elvira.
Hora
19 febreiro, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

