Presentación 'Lucio Strada'
13dec20:00Presentación 'Lucio Strada'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Aula D
Detalles do eventos
A escola de deseño Aula D acolle a presentación de ‘Lucio Strada’, un novo cómic por capítulos coleccionables que vai revolucionar a cidade. Lucio Strada
Detalles do eventos
A escola de deseño Aula D acolle a presentación de ‘Lucio Strada’, un novo cómic por capítulos coleccionables que vai revolucionar a cidade.
Lucio Strada é o nome do protagonista deste cómic. A través del mergullámonos na cidade de Vilajiche, unha adaptación dun Vigo esvaecido, mesmo no tempo, logrando un escenario anacrónico, onde se identifican elementos de finais do século XX e principios do XXI.
Lucio, acompañado da súa xente, condúcenos a unha trama de investigación, suspense e acción na que percorremos a cidade e os seus arredores entre os diferentes lugares e personaxes singulares e populares que forman parte da súa historia, que a moitos se nos fan moi coñecidos.
Unha historia de 12 capítulos na que cada entrega tamén conta cunha portada alternativa feita por outros artistas locais que achegan a súa visión; desde grafiteros e deseñadores ata fotógrafos.
Na presentación estarán os autores, Iago Losada e Alberto M. Soto, e o editor Xabier Romero.
Martes 13 ás 20:00
Máis
Hora
13 decembro, 2022 20:00(GMT+01:00)
Localización
Aula D
Rúa Elduayen, 36, 36202 Vigo, Pontevedra