Presentación 'Lucio Strada' pt.2
Detalles do eventos
O vindeiro xoves 28 de setembro, o ilustrador Iago Losada e o guionista Alberto M. Soto presentarán, no local da asociación Évame Oroza, a segunda
Detalles do eventos
O vindeiro xoves 28 de setembro, o ilustrador Iago Losada e o guionista Alberto M. Soto presentarán, no local da asociación Évame Oroza, a segunda entrega (os capítulos do 7 ao 12) da súa obra Lucio Strada. No acto, que comezará ás 20:00 horas, contarán coa presenza do editor Xabier Romero.
Lucio Strada é un cómic dividido en 12 capítulos ambientado nunha cidade ficticia, Vilajiche, unha adaptación dun Vigo esvaecido, mesmo no tempo, logrando un escenario anacrónico, onde se identifican elementos de finais do século XX e principios do XXI. Seguindo o seu protagonista, Lucio Strada, adentrámonos nunha trama de investigación, suspense e acción que nos leva por diversos lugares e personaxes, moitas veces reais, que forman parte da historia recente da cidade.
A obra, está publicada en dúas entregas. A primeira, de 6 capítulos, foi presentada o pasado ano e gozou de moi boa aceptación entre o público. Na cita do xoves 28 presentaranse os 6 últimos, que pechan a trama.
Cabe sinalar que cada unha das entregas conta coa colaboración dunha persoa convidada que elabora unha portada alternativa. Trátase de artistas que veñen do graffiti, a fotografía, a ilustración ou o deseño.
Máis
Hora
28 setembro, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualsetembro
Séguenos nas redes