CAMELIAS NADAL

13dec17:30Almendra Martínez presenta dous libros e reflexiona sobre a saúde mental no CS A NubeiraACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:30(GMT+01:00) Centro Social A Nubeira

Detalles do eventos

Unha charla e presentación dos libros De sal y arena e Atravesarte, centrados na saúde mental e a poesía. A autora Almendra Martínez, arxentina, escritora, actriz e poeta. Feminista e militante contra o abuso sexual infantil, reflexiona a través da arte sobre a súa propia experiencia e sobre as historias de nenos, nenas, adolescentes e adultos que viviron procesos relacionados coa saúde mental.

De sal y arena é un poemario de autoreflexión das súas experiencias vitais, que a marcaron, pero non necesariamente a definen se pode traballalas xunto á persoa que le e crea novos sentidos para as súas palabras. En Atravesarte, Almendra guíanos a través das distintas fases da súa propia sanación. Déixanse ver as súas emocións, pensamentos e ideas, así como tamén as súas limitacións e fortalezas. É unha viaxe que nos invita a comprender as etapas da sanación, a mergullarnos nas particularidades emocionais de cada fase e a descubrir o potencial curativo que xace na simple capacidade de narrar estas historias.

Un espazo para reflexionar e dialogar, no que a autora compartirá o seu proceso persoal, ferramentas e aprendizaxes, dando voz a millóns de persoas que atravesaron ou están a atravesar situacións similares. O evento é aberto a todo o mundo e ao final realizarase unha sinatura dos libros que se poden conseguir a través da súa conta de Instagram @almendrarrte ou por Amazon.

Hora

13 decembro, 2025 17:30(GMT+01:00)

Localización

Centro Social A Nubeira

R. de Pizarro, 6, Santiago de Vigo, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events