Presentación libro: Germán Castro
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico, en colaboración co Club da Prensa de Ferrol, organiza a presentación en Vigo do libro Ángeles Alvariño. ‘Mi estela en los océanos’, do que é
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico, en colaboración co Club da Prensa de Ferrol, organiza a presentación en Vigo do libro Ángeles Alvariño. ‘Mi estela en los océanos’, do que é autor o xornalista Germán Castro Tomé. O acto terá lugar o xoves 4 de maio, ás 19:30 horas, na biblioteca da EMAO.
O libro, sen orillar a súa vertente máis científica, trata de achegarse á imaxe máis humana de Ángeles Alvariño, a eminente oceanógrafa ferrolá. Partindo da documentación epistolar xerada nos anos noventa, o autor constrúe un relato ameno e moi ilustrativo da man de Ángeles Leira Alvariño e María José Leira Ambrós, filla e sobriña, respectivamente, da protagonista do libro. O autor busca, en todo momento, reivindicar a visibilidade da muller no campo da ciencia.
Germán Castro, Man, é xornalista e Presidente de Honra do Club de Prensa de Ferrol.
No acto estará acompañado por Rosa Figueroa (vicedirectora do Centro Oceanográfico no que traballou como funcionaria Ángles Alvariño), Alberto González Garcés (ex-director da mesma institución i experto que coñeceu e tratou á científica ferrolá), María José Leira (bióloga e sobriña de Ángeles Alvariño) e Xulia Díaz Sixto (presidenta do Club de Prensa de Ferrol).
Xoves 4 de maio, ás 19:30 horas, na biblioteca da EMAO.
Máis
Hora
4 maio, 2023 19:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes