
Detalles do eventos
O cantante vigués Alberto Cunha presenta o seu último traballo: un libro-disco editado por Edicións Elvira. Na presentación interpretará algunha canción xunto co seu irmán, Andrés Cunha.
Presentación libro-disco 'Escolma Aberta'
O cantante vigués Alberto Cunha presenta o seu último traballo: un libro-disco editado por Edicións Elvira. Na presentación interpretará algunha canción xunto co seu irmán, Andrés Cunha.
Escolma Aberta é un proxecto singular e único, no que se unen música, literatura e pintura. Un libro‒disco que se compón de 10 poemas musicados por figuras inesquecibles da música galega (Luis Emilio Batallón, Suso Vaamonde, Amancio Prada, Xoán Rubio, Los Tamara, Juan Pardo e Vicente Araguas), recuperados por Alberto Cunha. Ademais, cada poema vén acompañado por unha ilustración, cuxo autor é Ramón Trigo, e por un comentario feito por diferentes persoas relacionadas co eido da cultura galega. Incluirá, tamén, un código de descarga dixital co que poder acceder ás gravacións.
Alberto Cunha, vigués de nacemento, ten unha ampla e variada traxectoria profesional ás súas
costas. Ademais de cantante e compositor, é actor e un auténtico showman, tal e como podemos
escoitar na Cadena SER en Vigo, onde fai imitacións e amosa o seu gran sentido do humor, sen faltar
un pouco de retranca galega.
Máis
(Martes) 20:30
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra