
Detalles do eventos
Presentación da nova novela de Álex Mene, coa participación do autor acompañado de Anabel G. Penín e Lola Correa. Ana e as súas irmás xermolou
Presentación libro 'Ana e as súas irmás'
Presentación da nova novela de Álex Mene, coa participación do autor acompañado de Anabel G. Penín e Lola Correa.
Ana e as súas irmás xermolou coma unha homenaxe á comedia dialogada de Woody Allen. O título fai referencia á longametraxe Hannah and her sisters. Mais as intencións non sempre están en relación directa cos obxectivos acadados e, no proceso de escritura, o argumento foi transformándose de tal xeito que perdeu o diálogo e case toda a comedia. A protagonista desta historia, Ana, naceu con espiña bífida e serios danos no ril. O libro comeza no momento en que recibe a chamada para someterse ao segundo trasplante. Mentres vai camiño do hospital, a ambulancia convértese nun faro que alumea a negrura da noite e as lembranzas da protagonista. Para enfrontarse a esa batalla, ana conta cunha arma poderosa: o amor incondicional das súas irmás.
Máis
(Xoves) 20:00
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra