Presentación: 'Leche de vaca'
Detalles do eventos
Alfonso Raffin da Rega presenta o seu libro “Leche de vaca” mañá xoves ás 19.30 horas no restaurante, planta 7ª do Corte Inglés Vigo. O
Detalles do eventos
Alfonso Raffin da Rega presenta o seu libro “Leche de vaca” mañá xoves ás 19.30 horas no restaurante, planta 7ª do Corte Inglés Vigo. O autor estará acompañado por Isabel Villalba, do Sindicato Labrego, e por Román Santalla, secretario de gandería de UPA.
Leche de vaca
Todo o que lle sucedeu, e puido suceder, a un veterinario medio francés que, facendo o camiño de Santiago, «estrélase» coa maior cooperativa láctea de Galicia. Desvélanse na trama os segredos do leite de vaca, dos animais, do cooperativismo, dalgunhas crenzas galegas, do apóstolo Santiago, de la Iglesia, da emigración e da nosa historia.
É unha historia para rirse (moito) de como somos.
Alfonso Raffin
Alfonso Raffin del Riego é fillo dun francés e unha asturiana. Foi apicultor e vendedor de mel, monaguillo, dependente en grandes almacéns, veterinario rural, directivo de multinacionais lácteas e de pensos, en varios países.
Alfonso é asociado, desde os inicios, de Veterinarios Sen Fronteiras (hoxe Xustiza Alimentaria) e tivo un papel activo na loita contra os chamados “biocombustibles” e o seu impacto na seguridade alimentaria de moitos países e no do medio ambiente. Actualmente é consultor e conferenciante. E un activista pola utilización de ruminantes contra o cambio climático, principalmente a través da transhumancia.
Máis
Hora
15 novembro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes