VIALIA
bannerPicnicSesions

Presentación 'Las diez mil hijas de Irene'

08mai19:30Presentación 'Las diez mil hijas de Irene'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Unha terra de loitadoras como é Galicia non podía ser menos no mundo do fútbol. Na esquina noroeste da Península naceu Irene, a primeira xogadora que pode considerarse profesional, pois xa nos anos 20 cobraba por xogar ao fútbol. Ela abriu o camiño para que outras miles de bravas galegas tivesen máis sinxelo -aínda que nunca chegou a ser fácil xogar ao fútbol sen complexos e con valentía. Este libro é unha homenaxe a esas dez mil fillas de Irene que durante un século permitiron que o fútbol feminino en Galicia non morrese. É unha alegación á igualdade ao redor dun balón e sobre un rectángulo pintado con cal. Este libro conta a historia do fútbol feminino en Galicia, si. Pero tamén as súas intrahistorias. Poderán ler, baixo o relato dos seus protagonistas, unha serie de vivencias pasadas e presentes. Desde o día que unha patrulla da Garda Civil case suspende un encontro porque un cura denunciara que as futbolistas ensinaban os xeonllos; ata o partido a partido dunha xogadora profesional que se atopa recluída no centro penal de Teixeiro. Coñecerán á madriña do fútbol galego, pero tamén á súa avoa, ás primeiras adestradoras nacionais, con selo galaico, a primeira árbitra, de idéntica procedencia… Historias e curiosidades dun deporte do que no seu día se apropiaron os homes, pero polo que loitaron as mulleres. Este libro serve tamén de consulta e de fotografía do fútbol no ano 2023. Cada club ten o seu espazo reservado a modo de consulta, coa súa xunta directiva, a súa vestimenta, o seu contacto… E, finalmente, a gran homenaxe ao case seis mil triunfadoras que na tempada 2022-2023 tiveron unha licenza expedida pola federación: desde xogadoras a árbitras, incluíndo sanitarias, adestradoras… En definitiva, este libro é un recoñecemento a Irene e os seus dez mil fillas, que nin se renderon, nin se renden, nin se renderán xamais.

O luns 8 ás 19:30 h na 5ª planta de El Corte Inglés.

Máis

Hora

(Luns) 19:30(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events