CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Presentación 'Laberinto Mar'

16nov12:00Presentación 'Laberinto Mar'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+01:00) Museo Mar de Vigo

Detalles do eventos

Noemí Sabugal visitará Vigo a próxima semana para presentar ‘Labirinto Mar’; a autora regresará ao Museo do Mar -o lugar no que comezou a escribir a historia que agora presenta-, para comentar cos lectores estes relatos que, aos galegos, tócannos moi de preto.
‘Laberinto Mar’ fala de Galicia, nas súas páxinas recolle mar e morte: o afundimento do Villa de Pitanxo en Terranova. O testemuño das viúvas e orfas dos mariñeiros. A Costa da Morte, memorial de naufraxios. O HMS Serpent e o cemiterio dos ingleses no cabo Trece. O afundimento do vapor Santa Isabel e as heroínas de Sálvora. As galernas cantábricas. Aquilino Novo e a memoria da gran galerna de xullo de 1961. Os últimos cazadores de baleas. A última factoría baleeira en Caneliñas e o comercio con Xapón. A pesca de baixura e as dificultades da substitución xeracional. Os desastres ambientais. O lixo nuclear na Fosa Atlántica. O Prestige e Man, o home que morreu de tristeza pola marea de chapapote. As aves mariñas e Antonio Sandoval. A palpitación das mareas e a vida das mariscadoras. Os percebeiros e os bateeiros. As Mulleres Salgadas e a súa presenza nas confrarías. Julio Verne e a batalla de Rande. O Nautilus e o tesouro na ría de Vigo. A emigración: os que dixeron adeus desde os barcos e as viúvas de vivos. As mulleres na pesca. A patroa de altura Arantxa Toriza. O narcotráfico, do tabaco de batea aos novos narcosubmarinos. Unha historia de resistencia laboral: os estaleiros ferroláns. O marqués da Enseada e a «Gran Redada» contra os xitanos.

Máis

Hora

16 novembro, 2024 12:00(GMT+01:00)

Localización

Museo Mar de Vigo

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events