bannerPicnicSesions

Presentación 'La nueva normalidad' e 'En mar abierto' de Eduardo Romero

20out20:00Presentación 'La nueva normalidad' e 'En mar abierto' de Eduardo RomeroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Café Uf

Detalles do eventos

O mércores 20 de outubro, o Foro Galego de Inmigración convídanos a escoitar a Eduardo Romero que vén presentar as súas obras: ‘La nueva normalidad’ (Cambalache, 2021) e ‘En mar abierto’ (Pepitas de Calabaza, 2021). 

‘La nueva normalidad’ recompila tres artigos publicados no xornal dixital Nortes baixo ese mismo título.

‘En mar abierto’ non é unha ‘novela sobre inmigración’, porque Eduardo Romero non é un deses novelistas que escollen un tema “social” con boas intencións mais que se poñen eles a salvo, e aos seus lectores. Aquí non hai vontade documental nin testimonial, tampouco paternalismo nin “dar voz” a quen nunca a perdeu malia que a silenciasen violentamente. Aquí hai un autor que non escribe sobre outros, os outros, mais ben os seus, para asegurarse de que sexan tamén nosos. E o fai con toda a complexidade, intelixencia, paixón e beleza da mellor literatura».—Isaac Rosa

O evento terá lugar ás 20:00h no café Uf Negra Sombra. Entrada libre.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events