>

25xuñ20:00Presentación `La falsa gurú´actividades para o coco | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A asociación Évame Oroza acolle a presentación de “La falsa gurú”, a nova novela de Jesús Vasconcelos Soliño (subinspector da Policía Nacional e escritor) publicada pola Editorial Elvira. No acto, o autor estará acompañado polo editor Xabier Romero para desgranar os detalles deste thriller psicolóxico ambientado en Mallorca.

A trama introduce ao lector nun caso de investigación policial liderado polo axente Saúl, da Brigada de Información especializada en movementos sectarios, quen debe rescatar a unha moza captada por unha carismática líder espiritual vinculada ao esoterismo e o reiki. O libro nace da experiencia directa do autor, quen na actualidade actúa como subinspector da Policía Nacional (na unidade TEDAX-NRBQ), achegando unha visión rigorosa sobre os mecanismos de control, as redes de dependencia e o funcionamento interno destas organizacións.

Hora

25 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events