Presentación 'Jarroa' de Andrea Fernandez Plata
Detalles do eventos
Presentación do libro “Jarroa” de Andrea Fernández Plata. Sinopse Existe unha illa da que a xente non se marcha,
Detalles do eventos
Presentación do libro “Jarroa” de Andrea Fernández Plata.
Sinopse
Existe unha illa da que a xente non se marcha, aínda que construísen unha ponte. E se o fan sempre volven, xa sexa en vida ou cos pés por diante. É unha illa que ata e aleita como unha nai colectiva. Nela viven mulleres que se afuman con loureiro despois de ir a un enterro, que non asubiar de noite porque o asubío chama ao trasno, que pariron aos seus fillos nas casas baratas, feitas con area de praia. Illas dentro de illas. Mujeres que saben ver máis aló da vida e lavan aos nenos con herbas e quítanlles o mal do aire.
Jarroa é desencanto e enraizamento, volver ao lugar do que unha vez quixeches marcharche. Nenas cos ollos moi grandes por onde se lles mete o mundo e os espíritos. Gheada, seseo, truque. Querer fuxir e quedar dentro, facerse illa e deixar que a marea suba e baixe. Recuperar o que unha vez perdeuse: a vida e a morte bailando xuntas sen mirarse os pés. O cotián, a memoria e os mitos mestúranse nunha novela sostida polos rituais dun pobo mariñeiro onde segue existindo unha sabedoría poderosa que as mulleres da illa xa coñecían antes de que chegase a ponte. Esa maxia fai de pegamento de todo un pobo. Jarroa é unha historia para manter á illa con vida
Sobre Andrea Fernández
Andrea Fernández Plata (A Illa de Arousa, 1985). Estudou Comunicación Audiovisual e Publicidade en Madrid. Traballou como redactora para o Faro de Vigo, facendo entrevistas e viaxando en barca para cubrir degustacións de mexillóns. En 2009 estudou gravado. En 2010 viaxou a Berlín cunha bolsa de fotografía e foi seleccionada nos premios Injuve de Ilustración. En 2012 volveu a Illa de Arousa e converteu o cuarto para gardar os aparellos de pesca dos seus avós nunha casa onde organiza talleres e residencias artísticas: La Platanera. En 2021 descobre a unha chea de escritoras vivas que lle fascinan. Se lle desenreda algo dentro e escribe. Jarroa é a súa primeira novela.
Máis
Hora
17 outubro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes