Detalles do eventos
O Instituto de Estudios Vigueses organiza a presentación do libro Isaac Fraga. Una vida dedicada al espectáculo, da autora María del Pilar López Vidal. A obra percorre a
Detalles do eventos
O Instituto de Estudios Vigueses organiza a presentación do libro Isaac Fraga. Una vida dedicada al espectáculo, da autora María del Pilar López Vidal. A obra percorre a traxectoria de Isaac Fraga, pioneiro do cine mudo e unha das figuras clave da exhibición cinematográfica e dos espectáculos en España durante o século XX. Dende os seus primeiros pasos levando un proxector a cabalo polas aldeas galegas ata converterse nun dos empresarios máis importantes do sector, o libro reconstrúe a súa vida, os seus éxitos empresariais e o legado dunha familia estreitamente ligada ao mundo do espectáculo.
A autora, doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora titular da Universidade de Vigo, conta cunha ampla traxectoria investigadora e divulgativa, con numerosas publicacións dedicadas á historia económica, empresarial e social de Vigo.
Hora
18 xuño, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
Círculo de Empresarios de Galicia
Rúa de García Barbón, 62, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


