26nov20:00Presentación 'Irracionais'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Librouro
Detalles do eventos
A novela de An Alfaya, finalista do Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, acompañando a autora, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial
Detalles do eventos
A novela de An Alfaya, finalista do Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, acompañando a autora, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
SINOPSE
A obsesión do neurólogo Vicente Barbosa polo número áureo, coa complicidade da publicista Alexia Velasco e do cirurxián plástico Bruno Rodas, lévaos a tramar un plan macabro cuxa cerna agroma da discriminación sexual e de xénero.
O slogan da páxina Web de Perfect Models: “A diversidade sexual non é ningunha barreira, senón unha ponte”, sérvelles de cebo para captar a mocidade vulnerable; a Nave será o espazo creado para a experimentación, e Andrea, Marcia, Maxi, Gladis e Iván, converteranse nas súas cobaias.
Mais, non estarán sós, pois os actos perversos dos tres instigadores sementarán sospeitas ao seu arredor. Conseguirán ser desenmascarados?
Hora
26 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra



