>

16xuñ19:30Presentación: `Indómitas: Nove ondas a Begoña Caamaño´ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

A Morada acolle a presentación de Indómitas: Nove ondas a Begoña Caamaño, o novo libro-CD de Uxía, unha obra que nace como unha homenaxe á amizade, á memoria e ás mulleres libres a través da música e da palabra. O proxecto rende tributo á escritora e xornalista Begoña Caamaño mediante un percorrido íntimo construído desde o afecto e a lembranza.

O encontro contará cunha charla, asinatura e un pequeno concerto coa participación de Sabela Dacal (acordeón), Rafa Otero (guitarra) e As Mosas, ademais dunha presentación conducida pola xornalista Tereixa Constenla.

Hora

16 xuño, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events