CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Presentación 'Galicia musicalidade'

10xul19:30Presentación 'Galicia musicalidade'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Este proxecto trátase dun libro ilustrado sobre a música contemporanea galega. O seu título é Galicia MusiCalidade: Unha terra feita de acordes. Os seus autores son Noel Turbulencias nos textos e Victoria Sánchez na ilustración. Xunto cos autores estarán María SOA e Sara Faro, de Fillas de Cassandra.

O libro aspira a ser unha obra accesible e visualmente cativadora para amantes da música, pero tamén para persoas que se están iniciando na escena do noroeste peninsular.

Céntrase sobre todo nos artistas que conquistaron os escenarios da comunidade autónoma na actualidade e, ademais, ten en conta a todos os solistas e bandas que foron referentes e achandado o camiño.

Con todo, esta publicación tenta abarcar xéneros de electrónica, rock, rap, entre moitos outros, con especial atención aos artistas que supuxeron un punto de inflexión nos seus xéneros ou que experimentaron unha gran acollida por parte do público.

A obra son aproximadamente 100 páxinas nas que os textos van maquetados sobre as ilustracións tentando que se pareza o menos posible a un enciclopedia e que teña unha apertura a primeira vista fresca e cativadora.

Máis

Hora

10 xullo, 2024 19:30(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events