Presentación 'Fernández del Riego. O home que valía por mil'

18mai19:00Presentación 'Fernández del Riego. O home que valía por mil'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

El Corte Inglés e Ámbito Cultural súmanse un ano máis á conmemoración do 17 de maio, día das Letras Galegas, poñendo en valor e acercando a cultura galega nos seus centros de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Esta celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG), que chega a súa 60 edición, rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor, Francisco Fernández del Riego.

Para festexar as nosas letras El Corte Inglés organizou o ciclo Celebrando as nosas raíces que contará coa presentación do libro ‘Fernández del Riego. O home que valía por mil’ (xoves 18 ás 19:00 h) , o contacontos musical Xiana e a meiga Xela (sábado 20 ás 11:00 h) e un Micro Aberto que reunirá a escritores galegos destacados (martes 16 ás 19:00 h).

PRESENTACIÓN DO LIBRO “FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O HOME QUE VALÍA POR MIL”

Mascato e Pepe Carreira falarán desta obra sobre o autor homenaxeado no día das Letras Galegas. “Paco del Riego foi membro das Irmandades da fala, do Seminario de Estudos Galegos, da organización xuvenil Ultreia, dirixente estudantil, fundador do Partido Galeguista, profesor na Facultade de Dereito, colaborador de prensa, secretario de Actas da Comisión para o Estatuto de Autonomía, conferenciante, crítico de arte, fundador de Editorial Galaxia, preso político, secretario do Partido Socialista Galego, director de Artes Gráficas Galicia, editor, director da revista Grial, académico e presidente da Real Academia Galega, director da Fundación Penzol, escritor, divulgador, coleccionista de arte, bibliófilo… E aínda tivo tempo para gozar da vida. Pois si, semella que Francisco Fernández del Riego foi un home que valía por mil!”

A presentación terá lugar o xoves 18 de maio ás 19.00 horas na librería de El Corte Inglés de Vigo.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events