UNDERFEST

08out(out 8)20:00Presentación 'Feliz ciudad dormitorio'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A Asociación Cultural Évame Oroza acollerá o mércores 8 de outubro, ás 20:00 horas, a presentación do libro de relatos Feliz ciudad dormitorio, do escritor Karlos Ramos, publicado pola editorial Sloper. Durante o acto, o autor estará acompañado polo poeta Samuel Merino, quen participará nun diálogo arredor da obra. A entrada será libre ata completar aforo.

Feliz ciudad dormitorio reúne unha serie de relatos que retratan escenas da vida cotiá e contemporánea, abordadas ás veces con humor e outras con nostalxia, mais sempre cunha mirada natural e afastada do dramatismo: O xornalista que nunca terminará a súa entrevista, o empregado caído en desgraza, a muller cansa do cansazo dos outros, o ancián que xa non atopa o seu sitio na cidade que fose escenario dos seus días mellores, o arquitecto que se resiste ao urbanismo devorador. Escrito nun estilo rítmico, vibrante, o autor lévanos de sorpresa en sorpresa.

Karlos Ramos (Ferrol, 1980) é poeta e narrador. Licenciado en Socioloxía pola Universidade da Coruña e doutor en Humanidades e Ciencias Sociais pola Universidade das Illas Baleares (UIB), coordinou durante tres anos a Cátedra das Tres Relixións da UIB. Foi editor da Revista Adiala do Centro Galego de Mallorca e colabora habitualmente en publicacións como Graal e Encrucillada. Actualmente é cofundador da Libraría Hoboken da Coruña. Feliz ciudad dormitorio é o seu primeiro libro individual. Ten en prensa unha recompilación de textos breves e reflexións literarias publicadas orixinalmente na súa conta de Instagram @socioloxia, baixo o título A golpe de post (Medulia Editorial, 2025).

Día: 8 de outubro
Hora: 20:00 horas
Lugar: Local da asociación Évame Oroza (Subida á Costa, 5 – Praza do
Abanico – Casco Vello Alto de Vigo)

Hora

8 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events