CAMELIAS NADAL

08nov12:00Presentación 'Fábrica de fume'ESPECTÁCULOS | De balde12:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O vindeiro sábado, 8 de novembro ás 12:00 horas, a Asociación Évame Oroza acollerá a presentación de Fábrica de Fume, libro asinado por Ana Fontenla e Celina Fernández Ponte e editado pola Editorial Elvira co apoio do Centro Dramático Galego (CDG). A obra dá continuidade ao proxecto escénico homónimo, que naceu como iniciativa de teatro comunitario e agora se transforma tamén en libro.

Este volume recolle a dramaturxia do espectáculo e o universo creativo que o rodea —as voces, a luz, o vestiario, a materia viva do teatro— permitindo que o público acceda desde dentro ao proceso artístico e á emoción da escena.

A cita contará con entrada libre ata completar aforo e ofrecerá un programa especial, que combina literatura, teatro e encontro co público. Haberá unha lectura dramatizada dun fragmento co elenco orixinal e remataremos con faladoiro aberto co público, nunha sesión vermú, na que sempre é máis agradable compartir palabras e impresións.

Hora

8 novembro, 2025 12:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events