BIBOPALULA

05xuñ19:30PRESENTACIÓN 'ENTRE MARES'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

María Gil presenta o seu último libro, Entre mares, en El Corte Inglés.

SINOPSE

Mariela, unha executiva triunfadora e soñadora a partes iguais, nunha intensa, impetuosa e por momentos devastadora viaxe emocional, na que o mar da salvaxe costa Ártabra convértese no seu confidente, explorará o amor, a traizón, a propia identidade e o desexo de atopar o seu lugar no mundo.

A través dunha prosa envolvente e unha ambientación que invita a perderse nas paisaxes do norte de Galicia e as emocións máis profundas, Entre mares é unha novela sobre o valor de arriscarse, a profundidade e a complexidade do amor e da propia vida.

MARÍA GIL (Vigo, 1973)

Especializada no desenvolvemento de persoas, experta en negociación e organización empresarial, dedica a súa carreira profesional a desempeñar roles directivos na área de recursos humanos en compañías de diferentes sectores industriais. 

Apaixonada pola lectura e a escritura desde moi nova, María soubo compaxinar a súa curiosidade polo coaching, a PNI, a comunicación e a intelixencia emocional, disciplinas que integrou na súa vida profesional e personal, co seu amor polos libros. 

Máis

Hora

5 xuño, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events