XERAIS

15abr20:00Presentación en Vigo do Bestiário de Ánxel Huete e Vítor Vaqueiroactividades para o coco | de balde20:00(GMT+02:00) Café De Catro a Catro

Detalles do eventos

O mércores 15 de abril ás 20:00h. no Café De catro a catro.

O libro
O propio autor dos textos é quen mellor define esta obra:
“Bestiário, como o seu nome indica, seguindo unha tradição bem conhecida, é unha representação, textual e visual, de quase meio cento de seres míticos pertencentes ao panteão imaginário galego, entre eles mouras, biosbardos, saca-untos, Coca, Urco ou trasnos. Cada dobre página consta da descrição literaria, […], feita por mim próprio, e a sua correspondente interpretação gráfica, trabalho realizado por Ánxel Huete.”

Trátase dunha selección de figuras míticas galegas descritas por Vítor Vaqueiro, quen nos conta os atributos máis salientables, as súas fazañas, e aporta, moitas das veces, referencias dos seus semellantes noutras culturas como a irlandesa, a catalana ou a vasca.
As ilustracións de Ánxel Huete, tal e como se indica no limiar da obra, tamén traducido ao inglés como o glosario, intentan fuxir dunha liña clásica e transitar do icónico ao simbólico.
Unha obra ilustrada adaptable a calquera idade sobre a mitoloxía galega.

Os autores
ÁNXEL HUETE (Ourense, 1944). Artista plástico e activista cultural e social participante de moitos fitos fundamentais para a evolución e renovación da arte galega, membro do grupo Atlántica creado en Vigo nos ’80. Formouse en Escolas
como a de Massana, en Barcelona, pero tamén doutras cidades como Berlín e Nova York. Impartiu clases de pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e ilustrou numerosos libros e escritos. A súa obra instálase na abstracción, baseada en xogos cromáticos con trazos xestuais que aportan dinamismo. O traballo realizado en Bestiário podería encadrarse dentro da súa obra máis figurativa VÍTOR VAQUEIRO (Vigo, 1948). Estudou Ciencias Químicas chegando a
impartir clases de matemáticas no ensino medio, para adicarse despois a fotografía, foi director do arquivo Pacheco durante varios anos e colaborou na fundación do coletivo fotográfico Canbranco e do Centro de Estudos Fotográficos.
É autor dunha extensa produción literaria, na que atopamos dúas das grandes obras sobre a nosa mitoloxía: Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria (Galaxia,1998) eMitoloxía de Galiza (Galaxia, 2011); ademáis de ter publicado numerosos
artigos sobre as festas e tradicións galegas.

A editora
Esta é a terceira publicación da editorial Nêspera asentada en Ames. A primeira obra foi Avelaíñas eléctricas (2022), unha novela con moita carga poética e visual e unha escrita fluída, gañadora do Premio Rosalía Instituto de San Clemente
(febreiro, 2024); e a segunda, Os eucaliptos levan o lume dentro (2023), é un poemario de Ángel Suanzes onde establece un paralelismo entre o binomio eucalipto/lume e os seus espazos interiores. A obra está composta tamén, polas
fotografías de Breixo Parcero, unha linguaxe visual que interactúa cos poemas do autor.
Nêspera é un proxeto independente que nace coa idea de publicar obras orixinais en galego, coidadas e traballadas, tanto en contido como en forma, independentemente do seu xénero, do seu tema, e da idade e tipo de lectora a que se dirixen.

Ficha técnica
TÍTULO: BESTIÁRIO
AUTORES: VÍTOR VAQUEIRO E ANXEL HUETE
TRADUTORA: BLANCA STATON
IDIOMAS: Galego e inglés
TIPOGRAFÍAS e PAPEL: Novela + Garamond Offset Coral Book natural 120 grs Dark 300 (capa)
MEDIDAS: Libro –17 x 24 cm., 116 páxinas. +
Marcapáxinas — 17,3 x 5,5 cm
PVP. 25€

Hora

15 abril, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Café De Catro a Catro

R. de Gerona, 16, Freixeiro, 36211 Vigo

Other Events