REVISTA NADAL

18dec19:00PRESENTACIÓN 'EN MEMORIA DA NOSA INFANCIA'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) CIG VIgo

Detalles do eventos

O vindeiro 18 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar en Vigo a presentación do libro En memoria da nosa infancia, do autor Antolín Alcántara Álvarez, publicado pola Editorial Elvira. O acto celebrarase no Salón de Actos da CIG (Avenida Alcalde Gregorio Espino, 47) coa participación do autor, o editor Xabier Romero e o ex secretario xeral da CIG, Suso Seixo. A obra propón unha reflexión literaria arredor da infancia e a adolescencia, establecendo un contraste entre dúas xeracións —avós e avoas, netos e netas— nun momento vital determinante. A través da memoria, o autor aborda cuestións como as relacións sociais, a imaxinación, a creatividade e o impacto crecente das pantallas na infancia actual. Ambientada na etapa final do franquismo, En memoria da nosa infancia sitúanos nunha contorna pouco comunicada e marcada pola represión do idioma galego, da sexualidade, da feminidade e de todo aquilo que se afastaba dos valores impostos polo réxime e pola Igrexa. A narración combina momentos de diversión e travesuras dun grupo de amigos con outros de tristura, inconformismo e resistencia, todos eles baseados en vivencias reais ou lembradas polo autor. O autor Antolín Alcántara Álvarez conta cunha ampla traxectoria vital e social. Foi secretario de Negociación Colectiva da CIG e participou activamente en importantes mobilizacións sindicais en Galicia. Esta é a súa achega literaria á memoria colectiva dunha xeración marcada por profundas transformacións sociais e culturais. A presentación contará coa participación do autor e será unha oportunidade para achegarse a unha novela que convida á reflexión crítica sobre o pasado e o presente das nosas infancias.

Hora

18 decembro, 2025 19:00(GMT+01:00)

Localización

CIG VIgo

Av. Alcalde Gregorio Espino, 47, Lavadores, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events