REVISTA FEBREIRO

28xan20:00PRESENTACIÓN 'EN MEMORIA DA NOSA INFANCIA'Actividades para o coco | De balde20:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A Asociación do Casco Vello Alto retoma a actividade literaria despois do parón de Nadal. Para rematar xaneiro os autores Antolín Alcántara Álvarez e Marta Estévez estarán en Évame Oroza presentando as súas novelas.

Este libro de Antolín Alcántara Álvarez revisita a infancia e a adolescencia como territorios decisivos das nosas vidas, poñendo en diálogo dúas xeracións: a dos avós e avoas, marcada polo xogo, a imaxinación e a vida comunitaria, e a dos netos e netas, condicionada hoxe polas pantallas. Ambientada na etapa final do franquismo, a novela percorre unha contorna atravesada pola represión do idioma galego, da sexualidade e de todo aquilo que se afastaba das normas impostas polo réxime e a Igrexa. Entre travesuras, momentos de alegría, tristura e insubmisión, o autor reconstrúe unha memoria vivida e lembrada con honestidade.

Á autora Marta Estévez vén presentar a súa novela ‘As tres beiras’.
Unha cita para non perder e unha novela para recuperar o pracer polas historias ben narradas.
Na presentación a autora estará acompañada por César Lorenzo, director de Aira Editorial.

A programación intensificase no mes de febreiro. Entre outras actividades o xoves 5, Elvira Jardón presentará o poemario Teotzin, acompañada polo xornalista Luis Boullosa. O venres 13 terá lugar a charla-coloquio ‘Rito y geografía de la canción americana’ con Julio Valdeón e Luis Boullosa. O vigués Pablo Vila estará presentando ‘El reino olvidado’, primeiro tomo da triloxía ‘Tierra Estrella’ o venres 20. E o xoves 26 será a quenda de Victoria Abreu que vai daar a coñecer o poemario ‘Cenizas de cristal’.

Hora

28 xaneiro, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events