Contacontos'Emilia quiere tener la luna'
Detalles do eventos
Mañá venres 27 de decembro ás 18.30 horas terá lugar o contacontos ‘Emilia quiere tener la luna‘ no anexo, planta baixa, do Corte Inglés de
Detalles do eventos
Mañá venres 27 de decembro ás 18.30 horas terá lugar o contacontos ‘Emilia quiere tener la luna‘ no anexo, planta baixa, do Corte Inglés de Vigo.
‘Emilia quiere tener la luna’ é o primeiro álbum ilustrado de Nubia Almandós. Unha historia que nos demostra que compartir é unha forma bonita de entregar aquilo que nos fai felices.
A autora persegue o obxectivo de publicar contos útiles para educar e entreter sanamente ás nenas e os nenos. Para a elaboración deste conto, Nubia, decídese pola reciclaxe de materiais da súa contorna máis próxima, elaborando unha técnica mixta persoal que reutiliza obxectos cotiáns para estruturar as escenas das súas historias, pequenas arquitecturas improvisadas e sorprendentes. Reciclando dá forma e dota de vida aos protagonistas dos seus libros convertidos en fadas, nenas, abellas, e mesmo a lúa. Emilia cre que a lúa sempre a segue a todas partes onde ela vai porque desexa ser a súa amiga.
A nena deste conto quere ter a lúa só para ela.
Pero unha noite, Emilia descobre o importante que é a lúa para o mar, para as plantas, e para o descanso das persoas que necesitan á lúa cando dormen e soñan. Deste xeito, comprende que compartir é unha forma bonita de entregarlle aos demais aquilo que nos fai felices.
A pesar de que Emilia quere ter a lúa, despídese dela para que volva subir ao ceo e a natureza continúe sendo un valor para todos que debemos compartir e respectar.
Máis
Hora
27 decembro, 2024 18:30(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes