Detalles do eventos
O vindeiro 20 de decembro de 2025 ás 20:00, o escritor e músico galego Pablo Vila presentará oficialmente a súa agardada novela de fantasía medieval “El reino olvidado.
Detalles do eventos
O vindeiro 20 de decembro de 2025 ás 20:00, o escritor e músico galego Pablo Vila presentará oficialmente a súa agardada novela de fantasía medieval “El reino olvidado. Tomo I: Tierra Estrella” na Praza Elíptica, Galería Apostrophe. Este evento promete ser unha cita imprescindíbel para as persoas amantes do xénero e da literatura galega, cunha velada literaria que mergullará ás asistentes nun universo máxico e cheo de intriga.
“Tierra Estrella” é a primeira entrega dunha ambiciosa saga que xa xera grande expectación no panorama da fantasía en castelán. A novela transporta o lector a reinos esquecidos onde a maxia e as tensións políticas se entrelazan nunha trama rica e profunda, protagonizada por personaxes complexos e humanos. A estrutura narrativa permite explorar tanto grandes acontecementos épicos como dilemas morais, mantendo un equilibrio constante entre ritmo e intriga.
Ademais da súa faceta como escritor, Pablo Vila é un artista multidisciplinar cunha sólida traxectoria musical. Orixinario de Vigo, Vila é recoñecido como guitarrista e cantautor, cunha carreira que abrangue estilos como o rock, o pop e a canción de autor. Participou en varias bandas, como Idem, The Lirium, Los Jekill e Salitre, e en 2018 lanzou o seu traballo en solitario “Noches Largas”, un disco íntimo a guitarra e voz.
Paralelamente, Vila publicou poemarios destacados como “El año lírico” (2022) e “Albores” (2017), así como obras narrativas en galego, integrando música e poesía en proxectos como Vérsame. Esta combinación de disciplinas achega a “El reino olvidado” unha riqueza creativa única.
A presentación incluirá lecturas de fragmentos seleccionados da novela, a explicación do proceso creativo e unha sesión de preguntas na que o público poderá afondar no mundo literario creado por Pablo Vila. As persoas asistentes terán a oportunidade de descubrir os entresixos da obra e coñecer de preto o autor.
O evento terá lugar nun espazo emblemático da cidade, a Galería Apostrophe da Praza Elíptica, ás 20:00 h do 20 de decembro, e está aberto a todas as lectoras e lectores interesados en se adentraren nesta nova aventura literaria.
Hora
20 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Apo'strophe Sala de Arte
Praza Francisco Fernández del Riego, 0, 36203 Vigo, Pontevedra



