CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Presentación 'El Miedo' de María Hesse

21nov19:30Presentación 'El Miedo' de María HesseACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

XOVES 21, ás 19:30h en Galería Maraca (Vigo) do libro novo libro de María Hesse, “O Medo” (Lumen Edicións) 

Con máis de 400.000 lectores, María Hesse, Sevillana de adopción (1982) visitaranos mañá para presentar os seus noveno libros. Hesse converteuse en ilustradora á tenra idade de 6 anos, ela aínda non o sabía, pero a súa profesora e a súa nai si. Uns bos anos despois, tras acabar os seus estudos en Educación Especial, agarrou os lapis e lanzouse á piscina da ilustración de maneira profesional. Traballou como ilustradora para distintas editoriais, revistas e marcas comerciais, e a súa obra foi exhibida en varias exposicións. Tras o éxito de “Frida Kahlo, unha biografía”, que foi traducida en catorce países, publicou “Bowie” (traducido en 8 países), “O Placer”, “Marilyn. Unha biografía” (2020), “Malas mulleres”  e agora “O Medo”. A súa obra está presente en dezaoito países e en 2021 recibiu o Cosmopolitan Influencer Award na categoría de Arte.

Máis

Hora

21 novembro, 2024 19:30(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events