Presentación 'El jardín de Olavide'
Detalles do eventos
A librería Librouro e a editorial Suma de Letras organizan este próximo xoves 8 de xuño ás 20:00 horas á presentación pública e firma de exemplares do libro
Detalles do eventos
A librería Librouro e a editorial Suma de Letras organizan este próximo xoves 8 de xuño ás 20:00 horas á presentación pública e firma de exemplares do libro ‘El jardín de Olavide’, segunda novela da moza Nuria Quintana, tras o éxito do seu debut literario con ‘La casa de las magnolias’. A presentación consistirá nunha charla-coloquio entre a autora e a xornalista Guada Guerra e tras as consecuentes preguntas Nuria Quintana asinará exemplares das súas obras.
Sipnose:
1895
Todo está preparado para o gran baile que vai celebrarse no xardín máis enigmático da cidade de Madrid. Ana recibe a súa invitación sen ningunha expectativa: a súa alma rebelde rexeita a ostentación. Nada pode facerlle sospeitar que aquel non será un baile máis. Está a piques de atoparse con alguén que lle abrirá as portas dun mundo descoñecido e fascinante: son moitos os misterios que o xardín encerra no seu interior. As normas nunca supuxeron unha limitación para ela, con todo, para penetrarse nese mundo necesitará máis coraxe e valentía que nunca.
1990
Unha antiga fotografía regresa do pasado para poñer a proba a relación entre as mulleres dunha familia. Pode un bebé desaparecer dunha gran casa señorial sen deixar rastro? Julia deberá axudar á súa nai para resolver o enigma que rompeu a paz que necesita á súa avanzada idade. Pero esta non é a única porta que abrirá o achado do retrato: Julia está a piques de emprender unha viaxe interior no que tomará conciencia dos erros e os silencios que as mulleres da súa familia herdaron durante xeracións.
Máis
Hora
8 xuño, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes