REVISTA FEBREIRO

Presentación 'El beso de la sirena'

08feb12:00Presentación 'El beso de la sirena'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+01:00) Banda Deseñada

Detalles do eventos

Uxía Larrosa e Luis Yang estarán en BD o sábado 8 de febreiro a partir das 12:00 h para acabar de convencer os non adeptos das virtudes desta obra coa cal gañaron o Premio Castelao de Banda Deseñada no ano 2022.

SINOPSE

Zeltia é unha nena de doce anos que leva unha vida normal e corrente, salvo por certos problemas de insomnio. Unha noite, mentres está a ler no seu cuarto, unha sirena chamada Eirín materialízase no interior do seu vaso de auga e empeza a narrarlle un conto. Aos poucos, esta enigmática criatura con gusto polas superficies reflectoras comezará a introducir pequenas ficcións no día a día de Zeltia relatos un tanto misteriosos que a nena non acabará de comprender de todo, pero que a axudarán a conciliar o sono, así como a evadirse dunha realidade que, na súa monotonía, se lle fai un pouco costa arriba. Será da man de Eirín que Zeltia comezará a ver o mundo con outros ollos e a prestar atención a determinados detalles que, doutra maneira, lle pasaban desapercibidos.

Máis

Hora

8 febreiro, 2025 12:00(GMT+01:00)

Localización

Banda Deseñada

Rúa Portela, 3, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events